Pobo cheyenne
Pobo cheyenne | |
---|---|
Fotos de cheyennes. | |
Poboación | |
Poboación total: Norte: 10 840[1] Sur: 12 130[2] | |
Rexións principais: | |
Estados Unidos) | 22 970 |
Aspectos culturais | |
Lingua | Lingua cheyenne, sinais dos indios das chairas e inglés |
Relixión | Relixión tradicional, cristianismo, outras |
Grupos relacionados | Arapaho e outros pobos algonquinos |
Os cheyennes[3] ou cheiéns[4][5] son unha nación de nativos norteamericanos que habitan as Grandes Chairas dos Estados Unidos. A nación cheyenne está composta por dúas tribos, os Sotaeo'o (sen unha tradución clara) e os Tsitsistas. O nome "cheyenne" deriva dunha palabra en lingua síux que significa 'Pequeno Cree'.
Historia
[editar | editar a fonte]Antes de seren internados en reservas, os cheyennes eran aliados dos arapaho e os lakota (síux). A nación cheyennes comprendía dez bandas que se estendían por tódalas grandes pradeiras, dende o sur de Colorado ás Black Hills en Dakota do Sur. Cara a mediados do século XVIII as bandas comezaron a separarse, algunhas permaneceron preto das Black Hills, mentres que outras permaneceron cerca dos Platte Rivers do centro de Colorado.
Na actualidade, os cheyennes do norte viven ó sueste de Montana nunha reserva propia. Os cheyennes do sur, xunto cos arapaho do sur, viven no centro de Oklahoma. A súa poboación total combinada é duns 20.000.
Xefes famosos
[editar | editar a fonte]Idioma
[editar | editar a fonte]Tanto os cheyennes de Montana como os de Oklahoma falan a lingua cheyenne, cunhas poucas diferenzas no vocabulario entre as dúas comunidades. A lingua cheyenne forma parte da familia de linguas algonquinas, e é un dos poucos idiomas algonquinos das pradeiras que desenvolveu características tonais. Os idiomas máis próximos ó cheyenne son o arapaho e o ojibwa (chippewa).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Northern Cheyenne Tribe website". Arquivado dende o orixinal o 02 de febreiro de 2011. Consultado o 11 de novembro de 2013.
- ↑ Oklahoma Indian Affairs. Oklahoma Indian Nations Pocket Pictorial Directory. Arquivado 11 de febreiro de 2009 en Wayback Machine. 2008:7
- ↑ Definición de cheyenne* no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.
- ↑ García-Miguel, José M. (2000). "Linguas do mundo e tipoloxía lingüística". En F. Ramallo; G. Rei-Doval; X.P. Rodríguez Yáñez. Manual de Ciencias da Linguaxe (PDF). Vigo: Edicións Xerais de Galicia. pp. 173–220. ISBN 84-8302-588-4.
- ↑ Hermida Borrajo, Xosé Avelino; López Martínez, María Cruz (2006). "cheyene-cheién". Gran dicionario século 21. Editorial Galaxia. p. 139. ISBN 9788482893549.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Pobo cheyenne |
Vexa a entrada do Galizionario acerca de Apéndice:Galego-Cheién |